"Era eu ben pequerrecha cando aconteceu o que vos vou contar. Tódolos días do verán que non chovía, íbamos eu e mais os meus irmáns, pola tarde, a darnos baños ó río Belelle. A cousa é que eles eran maiores ca min e sempre me deixaban na orilla, para que como eles dicían, non afogara. O certo é que eu non sabía nadar, así que con mais medo que outra cousa quedaba quietiña nas beiras do río á espera de que eles sairan e así podésemos xogar todos xuntos no campeiro.
Todolos días facían o mesmo, e todos eu quedaba sentada mirando ó río, e de cando en vez, ía andar pola orilla, eso sí, sen alonxarme moito xa que non me gustaba quedar sóa.
Un día mirando as pedras do outro lado, notei que algo se movía ó meu lado, pero non lle din moita importancia xa que os bañistas facían tanto ruido entre salpicarse, empuxarse e nadar na auga que eu achaquei o movemento a que algo tirarían deica min. Pero a cousa non quedou ahí, uns cantos días despois volveu a pasa-lo mismo, xirei rápido a cabeza e me pareceu ver unha luceciña, pero nada mais.
E así varios días, ata que unha tarde que facía un sol abafante, cando estaba a pique de quedarme dormida a carón da sombra dunha abeleira, notei que algo se movía por riba do meu nariz: unha nena pequeniña de orellas en punta e alas douradas que botaba algo parecido a chispiñas..."
Ese Belelle, Juani!!!
ResponderEliminarMagníficas fotos!!!
Aí estamos!!!!
Rámón Loureiro
Gracias Ramón, muchas gracias. Un abrazo, ahí estamos.
ResponderEliminarmuy chulas las fotos te esta quedando bien el blog
ResponderEliminarGracias Vitu, me alegro que te guste.
ResponderEliminarEncántanme estas fotografías, Juani! Preciosas! Estou descubrindo o teu blogue día após día. Aínda me quedan moitas entradas por ver. Pero esta... Fermosa!
ResponderEliminarUn abrazo Anabel, que alegría me das!!!!
ResponderEliminar